Servizos - Educ@mos

O noso colexio traballa coa plataforma educativa EDUCAMOS, que permite a xestión eficiente de todos os procesos que teñen  lugar no día a día da escola, a comunicación aberta entre profesores, alumnos e familias que cohesiona a comunidade  educativa e a aprendizaxe innovadora e personalizada grazas á utilización de múltiples contidos, soportes e procesos didácticos.

Educamos é un proxecto que nace con vocación de axudar a integrar as TRIC e alcanzar a excelencia educativa. Para lograr este obxectivo, apóiase nunha solución tecnolóxica deseñada para responder de forma global e integradora a todas as necesidades do centro escolar.

A implantación de Educamos persegue optimizar e favorecer todos os procesos que conducen a unha xestión eficiente, unha comunicación enriquecedora entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos e familias) e un modelo de aprendizaxe personalizada e innovadora.

Para resolver calquera dúbida sobre a Plataforma Educamos poden poñerse en contacto coa Secretaría do centro.




@njpraga tweets