Plan Proxecta : Comemos ben, medramos sans.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave incluindo a educación en valores.

O obxectivo do programa é traballar a alimentación saudable de xeito integral naquelas iniciativas institucionais encamiñadas á promoción de determinados produtos alimenticios (como a froita, os lácteos e os produtos do mar).