PROXECTO EDUCACIÓN SECUNDARIA

CAMIÑO DE SANTIAGO

Este ano queremos iniciar un proxecto para dar a coñecer aos nosos alumnos da ESO o Camiño de Santiago.

En víspera de Ano Santo, parécenos interesante acercar o camiño aos alumnos e, por suposto, acercar os alumnos ao camiño.

Por iso, dende os departamentos de Educación Física, Pastoral e Ciencias Sociais, faremos varias actividades dentro e fóra da aula relacionadas con este proxecto.

Unha das que consideramos máis interesante é a realización de varios tramos dos diferentes camiños que transcorren por Galicia.

 

Tedes toda a info pinchando na imaxe.