Convócanse, para o curso 2019-2020 as seguintes axudas:

- Axudas directas para os alumnos incluíndo os afectados por TDAH ( Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta.

- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.

- Axudas para programas específicos complementarios a educación regrada para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuales.

Prazo: ata o 26 de setembro (inclusive)

Toda a info no blog do departamento de Orientación do centro ou no seguinte enlace.