FARO DA ESCOLA

Por primeira vez, este curso colaboramos e participado xunto a Faro de Vigo no proxecto Faro da  Escola.

Foi un ano de preparación e moito traballo por parte dos nosos pequenos editores acompañados por un gran equipo de  profes e profesionais do xornal Faro de Vigo.

Ademais, conseguimos o primeiro premio á mellor entrevista grazas ao artigo que escribimos entrevistando o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño.

Esperamos que vos guste o resultado e o gardedes como un gran recordo deste curso.